Skip to main content

Himno de la Asociación

Abrimos as portas
da nosa muralla
para que os peregrinos
comecen a marcha.

E deixamos Lugo
coa nosa esperanza
de voltar prontiño
coa Compostelana.

Coas botas calzadas
e a mochila ó lombo
comeza o camiño
cara ó noso Apóstol.

A ponte romana
moitos anos leva
sendo testemuña
das nosas andanzas.

Compartimos pedras
cancións e xantares
a choiva e o vento
son nosos pesares.

Todos xuntos imos
facendo Camiño
de Lugo a Santiago
só hai un pasiño.

 

Autora: Josi Sánchez Jato