A Asociación de Amigos del Camino de Santiago de la Provincia de Lugo é unha asociación sen ánimo de lucro fundada en 1987, e que persegue os seguintes fins:
- Traballar na defensa, conservación e revitalización das distintas rutas xacobeas na Provincia de Lugo.
- Desenvolver e promocionar todo tipo de actividades relacionadas co Camiño: conferencias, reunións, viaxes, peregrinacións e andainas.
- Estudiar e investigar a historia e a cultura relacionada co movemento xacobeo.
- Colaborar con organizacións e institucións relacionadas co Camiño de Santiago que actúen dentro ou fora do ámbito territorial da Asociación.
- Acoller a todas as persoas que amosen interese polos seus fins, sen discriminación por razón de raza, nacemento, sexo, opinións relixiosas ou políticas, nin por motivos económicos-sociais.
Para iso a Asociación leva a cabo, ó longo de todo o ano, actividades moi diversas entre as que destacan:
- Celebración de andainas os domingos, nas que se percorren etapas dos distintos Camiños a Santiago: Francés, Primitivo ou de Oviedo, Norte e Sur ou de Inverno, así como outras moitas rutas na Comunidade galega e nas comunidades contiguas.
- Desenvolvemento de outras viaxes culturais relacionados co Camiño.
- Acollida e atención ós peregríns a Santiago que pasan por Lugo.
- Firma de convenios con diferentes entidades e fundacións para a promoción do Camiño.
A actual Xunta Directiva está composta polos seguintes membros da Asociación:
| Presidente | Ángel Trabada Gómez |
| Vicepresidente | Manuel Buján Peón |
| Secretaria | Carmen Lage Fernández |
| Vicesecretario | Dorinda Fernández Alonso |
| Tesoureira | Elena González Morales |
| Vogais | Álvaro Basanta Fernández |
| José González Aquino | |
| José Antonio Giz Paz |
|
| Carlos Fernández Gude |
|
| Berta Fernández Abelairas |
BREVE HISTORIA DA ASOCIACIÓN
En 1959 chega á parroquia lucense do Cebreiro un xove crego, Elias Valiña, que non só impulsa a restauración do lendario Hospital e Santuario de Santa María do Cebreiro, senon que renova a tradicional acollida ó peregrin.
Máis tarde, na década dos 70, Elias (o "crego do Cebreiro" como lle gustaba chamarse) coa colaboración desinteresada de familiares e amigos, comenzará a sinalizar pouco a pouco o Camiño de Santiago, a marcalo con frechas amarelas.
Nos anos 80 publicará a primeira "guía" e percorrerá boa parte de España difundindo o Camiño e animando á constitución de Asociacións de Amigos.
En Maio de 1987, despois de varios anos de intenso traballo, os socios fundadores da Asociación de Amigos del Camino de Santiago de la Provincia de Lugo se constitúen en Asamblea Xeral de Socios que, por unanimidade, elixe a Xunta Directiva constituída por:
| Presidente | Enrique Álvarez Paredes |
| Vicepresidente | Elías Valiña Sampedro |
| Secretario | Juan M. Balboa Vázquez |
| Vicesecretario | Amando Losada Losada |
| Tesoureiro | Mario García Fernández |
| Vogais | Juan Carlos Fernández Pulpeiro |
| Jaime Félix López Arias | |
| Eloy Rodríguez López |
A través destes anos foron moitos os socios que formaron parte das distintas Xuntas Directivas traballando con entusiasmo e dedicación para a consecución dos fins da Asociación.
Durante a Presidencia de D. Juan Carlos Fernández Pulpeiro (1994-2003) a Asociación revitalizou e deu un nuevo pulo ás diferentes actividades levadas a cabo durante este período.
Desde o 20 de Febreiro de 2003 a Xunta Directiva presidida por D. Ángel Trabada Gómez seguiu traballando na líña marcada polos seus predecesores para que a Asociación siga sendo fiel ó seu auténtico lema fundador: potenciar e revitalizar as rutas a pe polo Camiño de Santiago.
