
Un grupo de 30 socios, ós que o Camiño vai unindo etapa tras etapa, deixando mostras da súa afición ó canto en cada unha delas, e co apoio do seu Presidente, deciden reunirse dous días á semana para compartir as súas cancións, e así, case sen darnos conta, a nosa Coral comeza a súa andaina en Setembro de 2.006, baixo a dirección do profesor D. Miguel Basanta Bal. A súa indumentaria, como peregrinos que son, non podía ser outra que a tradicional capa que o antigo peregrino usaba no seu percorrido ata Santiago. O seu repertorio vai desde cantos medievais a música da terra, cancioneiro de Palacio, panxoliñas, zulo, etc.
ANO 2007. No mes de Maio, poucos meses despois da súa formación, preséntanse en público nun concerto no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo. Este mesmo ano participan no festival de Panxoliñas organizado polo Concello de Lugo e no festival de Panxoliñas do Concello de Taboada.
ANO 2008. Actúan na clausura do Belén electrónico de Begonte; en Sada na festividade de Santa Cecilia e na Casa Galega de Nuremberg (Alemania). Participan no IV Congreso Internacional dos Camiños de Santiago. Repiten no festival de Panxoliñas do Concello de Lugo e no tradicional festival de Panxoliñas de Villalba.
ANO 2009. Comézano organizando e participando no I Encontro de Corais do Camiño de Santiago, celebrado no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo. Ó longo do ano actúan na Igrexa da Milagrosa, nun concerto a favor de UNICEF, tamén no Círculo das Artes; no 50 Aniversario da Igrexa da Nova en Lugo; na novena da Virxe da Esperanza; no Salón de Actos da Xunta de Galicia en Lugo e en O Cebreiro como homenaxe a D. Elías Valiña no 20 Aniversario do seu pasamento. Un ano máis participamos no Festival de Panxoliñas da nosa cidade.
AÑO 2010. Organizan e participan no II Encontro de Corais do Camiño de Santiago e actúan nun concierto a favor de UNICEF, ambas actuacións se celebran no Salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo. Con motivo da viaxe cultural a Polonia, celebra o seu concerto na cidade de Zacopane. No mes de xuño actúan na Igrexa de Santa María de Meira. Con motivo do ano Santo, e como final de peregrinación, actuán na Igrexa de Santa María de las Arenas en Finisterre. Participan en distintas igrexas da capital de Lugo. Toman parte na Iniciativa da Deputación Provincial de Lugo “Cantos no Nadal” e “Voces na Rúa”. Pechan o ano, co concerto de panxoliñas, organizado polo Concello de Lugo.
AÑO 2011. Organizan e participan no III Encontro de Corais do Camiño de Santiago, que un ano máis se celebra no salón Rexio do Círculo das Artes de Lugo, sendo nesta ocasión a coral invitada a Polifónica de Quiroga. Ó longo deste ano actuou en varias igrexas do concello, Milagrosa, San Lázaro, Santiago la Nova, etc… Ofreceu no mes de setembro un concerto na Igrexa de San Xoan de Portomarín. Pechan o ano co Festival de Panxoliñas no Convento das Concepcionistas de Viveiro e participando outra vez da iniciativa do concello de Lugo “Cancións na Rúa”.

