Enviado en
A Asociación ven de poñer en funcionamento un sistema para anunciar os seus actos e convocatorias ós socios mediante unha mensaxe ó teléfono móbil. Para iso agradeceriamos que nos facilitedes os vosos números, de forma que as nosas comunicacións sexan o máis efectivas posibles.
Por favor, se estades interesados en recibir deste xeito os nosos avisos, enviade un correo a lugocamino@gmail.com co voso nome e número de teléfono móbil para actualizar as nosas bases de datos.
Moitas gracias pola vosa axuda e un cordial saludo.
