Skip to main content

A Asociación fai entrega dos mapas das tres rutas Xacobeas á Garda Civil

Enviado en

O 25 de Marzo, o Teniente Coronel Xefe da Comandancia da Garda Civil de Lugo, D. Gonzalo Borras Formoso, en representación da Garda Civil, recibiu por parte de D. Ángel Trabada, presidente da Asociación de Amigos del Camino de Santiago en la provincia de Lugo é demáis membros da Xunta Directiva os mapas _ croquis e trípticos, que comprenden as tres rutas Xacobeas (camiño francés, do norte e primitivo ) que discorren ó longo desta provincia, e que dita asociación confeccionou e figuran na súa páxina Web www.lugocamino.com, coa finalidade de que a Garda Civil poida utilizalos, así como de informar e facer entrega dos mesmos a toda aquela persoa que realice o Camiño de Santiago nesta provincia.

É de destacar a labor realizada polo persoal de dita asociación na elaboración dos mapas, debido á precisión e exactitude con que se realizaron, o que significa un grande beneficio para todos os peregrinos que realicen o Camiño de Santiago por esta provincia e sobre todo tendo en conta que nos atopamos nun ano santo Xacobeo e que o vindeiro non se celebrara ata o ano 2021.

Extraído da nota de prensa da Gardia Civil de Lugo